martes, 16 de noviembre de 2010

MAGOSTO 2010

No magosto deste ano tivemos unha chea de actuacións que podedes ver máís abaixo nos vídeos.
Para facervos unha idea da festa podedes botarlle un ollo as fotos.


Os de infantil cantáronnos Castañas, castañas que ricas están.







Os de primeiro e segundo  ciclo de Primaria fixeron Macedonia de Outono.






Os de terceiro ciclo de Primaria cantaron Puré de Castañas.

martes, 2 de noviembre de 2010

HALLOWEEN / SAMAÍN NO COLE

Este ano no Paraixal festexamos o Halloween / Samaín por todo o alto. Á parte da decoración habitual na clase de inglés, tamén se decoraron os corredores con debuxos, carteis e móbiles relativos a esta temática.
Ademais fíxose unha exposición coas cabazas que os nenos/as de Primaria prepararon nas súas casas.

Os de Educación Infantil coa axuda da profe de inglés fixeron as "jack o'lantern" na súa clase.


UN MES, UNHA NORMA

Seguro que xa vichedes este cartel no taboleiro exterior.
Está aí porque durante este curso 2010/11, cada mes
exporase unha das normas que traballamos para non
esquecernos.
Este cartel correspondente ao mes de outubro foi elaborado
polos nenos/as de 6º de Primaria

miércoles, 27 de octubre de 2010

CURSO 2010/11 BENVIDOS AO PARAIXAL

Comeza un novo curso e SABINO dende a biblioteca, Mickey e Minnie queren darlles a benvida a todos/as, especialmente ao novo alumnado que decidiu escoller o CEIP Paraixal. En de Primaria temos a Dylan, en a Raúl Cameselle, en a Xoán e en Educación Infantil 3 anos comezan a súa aprendizaxe: Mª del Águila, Iago, Anxo Fernández, Xiana, Antía, Nahiara, Anxo Martínez, Alejandro, Jessica e Adrián.

viernes, 28 de mayo de 2010

Obradoiro de Poesía

Os nenos e nenas de 6º Primaria traballaron a poesía na clase e mesmo se animaron a compoñer algunha. Aquí tedes unhas mostras:

Un poemiña teño que facer
un poemiña fácil non é,
pero eu dígoche que me vai saír ben:
O amor é belo e non podes descrer* del,
o amor é belo e ti podes gozar del.
SARA ÁLVAREZ

Ti es a flor
do meu amor.
Ti me iluminas
cando camiñas.
Na miña porta
o amor me amosas.
ALEJANDRO

Moitos agasallos me fan
e sempre comigo están,
o que eu quero no me fai caso
pero eu me conformo cun abrazo.
MONSE SOUTO


Dáme un bico,
dáme amor,
éche dóce
o meu corazón.
NATHALIE FIGUERA

lunes, 17 de mayo de 2010

Día das Letras Galegas: Uxío Novoneyra

Este ano o Día das Letras Galegas como xa sabemos está adicado ao poeta lugués Uxío Novoneyra. Coas unidades didácticas e actividades en liña elaboradas polo Seminario Galán aprendemos máis sobre el.

jueves, 13 de mayo de 2010

Lecturas útiles para os pais e nais

Nestas páxinas atoparedes lecturas moi útiles para a educación dos vosos fillos e fillas.
Premede aquí

Aprendemos sobre a biblio

Con estas fichas os nenos/as aprenderán máis sobre a organización da biblioteca e como atopar información.


miércoles, 12 de mayo de 2010

Contos do revés

Aquí tendes uns contos moi divertidos que escribiron os nenos e nenas de 6º:
  CARAPUCHIÑA MALVADA VERMELLA                      O PORCO E OS TRES LOBIÑOS

A Voz de Galicia

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria convertéronse por uns intres en xornalistas e aquí están as novas que redactaron para o concurso da Voz de Galicia.
     



jueves, 6 de mayo de 2010

Lecturas para todas as idades

Nesta páxina atoparedes recomendacións de libros tanto para nenos/as de distintas idades coma para as familias.
Premede aquí

miércoles, 5 de mayo de 2010

Consumópolis

Este curso os nenos/as de 5º e 6º de Primaria participaron por primeira vez no concurso Consumópolis. Coa finalidade de reflexionar e concienciar sobre o consumo en xeral traballaron temas tan variados como o uso excesivo dos ordenadores ou os mp3, internet, os videoxogos... ou as compras innecesarias, a hixiene persoal, o gasto de auga, a importancia de reciclar...

Guía de usuarios da Biblioteca

Agora xa podedes acceder á Guía de Usuarios da Biblio desde aquí. Nela atoparedes información sobre o servizo de préstamo, a organización dos fondos, as normas xerais...

martes, 4 de mayo de 2010

Obradoiro de Banda Deseñada

Neste obradoiro de banda deseñada tivemos a sorte de contar coa presenza de Kiko Da Silva, o creador de "Fiz" (que tanto lles gusta aos rapaces), e tamén colaborador das revistas "El jueves" e "Retranca". Foi unha experiencia moi interesante e divertida na que todos/as aprendemos moito e por suposto, nos rimos moito.

Contacontos en Inglés

O día 28 de abril, tivemos na biblioteca do cole un contacontos en inglés "Story Telling", dirixido aos nenos/as de 2º, 3º e 4º de Primaria. Resultou moi enriquecedor e houbo unha gran participación dos propios alumnos/as.




martes, 27 de abril de 2010

Para aprender mellor

Se estudas moito e os teus resultados non son os que che gustaría, consulta esta páxina.

Mellora os teus coñecementos

Aplicacións e actividades para reforzar ou mellorar os teus coñecementos en distintas materias.

Destacados para pais/nais

Recursos de orientación familiar, educación en valores, apoio ao aprendizaxe, etc.

DÍA DO LIBRO 2010

O día 23 de abril, Día do Libro adicámolo aos escritores galegos contemporáneos facendo fincapé na vindeira visita de Fina Casalderrey. Fixemos unha selección dos textos existentes na Biblioteca así como algúns traballos de investigación sobre otros autores importantes. Deixamos aquí a mostra.


Celebramos o DÍA DA SAÚDE

Na semana do 7 de abril realizamos traballos e unidades didácticas sobre a hixiene, a alimentación, o deporte e a vida sana para conmemorar o Día Mundial da Saúde.
Como mostra dos traballos podedes ver o mural elaborado polos nenos/as de 1º ciclo de Primaria.





Centro Social Caixanova

ARTE, CIENCIA e CULTURA ao teu alcance.

O noso Centro Cívico

Se te aburres e non sabes que facer, ao Centro Cívico de Teis podes acudir.

Fundación VIDE - Vigo Deporte

Todo o mundo do deporte nunha soa Fundación. VIDE foi constituída polo Concello de Vigo e tres grandes motores económicos da cidade: PSA Peugeot Citroën, Caixanova e Pescanova. Supón un apoio a todo o deporte vigués.

MARCO - Museo de Arte Contemporáneo de Vigo

Exposicións, obradoiros e outras actividades para nenos/as e maiores. Todo isto na páxina do MARCO.

Outro lugar para disfrutar do cine

Cine e teatro para toda a familia atoparedes en Salesianos. Consultade aquí.

Divírtete no Verbum

Podedes aproveitar para ir en familia ás actividades programadas polo Verbum-Casa das Palabras. Aquí podédesvos informar.

Actividades organizadas polo Concello de Vigo

Consultando esta páxina podedes atopar actividades moi interesantes organizadas polo Concello.

As mochilas viaxan de casa en casa

As MOCHILAS VIAXEIRAS seguen visitando as casas dos nenos e nenas de 1º e 6º de Educación Primaria. Desde aquí podes acceder a algunha información como as instruccións de uso, os seus contidos...
               

CONTIDO DA MOCHILA            CONTIDO DA MOCHILA

Concurso de Pintura "Un desexo no Nadal"

Como todos os anos, participamos no Concurso de Pintura de Vigolandia celebrado no IFEVI, que nesta ocasión tiña como lema "Un desexo no Nadal".


Os nenos/as participaron voluntariamente e como resultado foi seleccionada a alumna de 5º de Primaria Paula Iglesias Rivas. ¡Dámoslle a nosa máis sinceira noraboa!

Superamos barreiras cada día

SUPERAMOS BARREIRAS CADA DÍA é o nome co que a ONCE nos invitou a participar nun concurso para educar en valores por medio da solidaridade e a creatividade.

Decidimos participar as clases de 4º e 6º de Primaria. Tratouse de ler cinco relatos breves e escoller un, poñerlle título e deseñar unha portada. Os traballos fixéronse por grupos para promover entre os rapaces o diálogo e a colaboración.
A continuación podedes ver unha mostra dos traballos realizados.







martes, 20 de abril de 2010

CORREO ESCOLAR CO CEIP CARBALLAL

Os nosos nenos/as de 3º ciclo póñense en contacto cos compañeiros/as do CEIP Carballal e mándanlle unha gran carta. Agora quedan á espera da súa resposta!...

martes, 13 de abril de 2010

Obradoiros de animación á lectura CONTARTE

Adiantámonos á celebración do Día do Libro cos Obradoiros de animación á lectura CONTARTE, do Concello de Vigo.
Os nenos/as de 1º, 2º e 3º de Primaria tiveron un contacontos "Pulga e xigante" seguidos dun obradoiro onde representaban plásticamente a súa interpretación.
Os maiores de 4º, 5º e 6º, a partir do libro "Caderno de animalista" participaron nun obradoiro de plástica creativa.

VISITA POLA BIBLIO


martes, 23 de febrero de 2010

CELEBRAMOS O ENTROIDO

A Santiago non chegamos,
pero polo Entroido pasamos.
Gorro, bastón,
capa e zurrón,
molaron mogollón.


PARA APRENDER

Para máis saber
a web debes ver!

CONMEMORACIÓNS

Aquí tes unha mostra do ben que o pasamos no cole!

martes, 2 de febrero de 2010

Celebración do Día da Paz





















O martes día 2 de febreiro toda a comunidade educativa do Ceip Paraixal celebramos o Día da Paz. Ao longo da semana anterior xa estivemos traballando nas aulas coas seguintes actividades:


- Elaboración de carteis: normas de aula, decálogo para medrar na paz.
- Coloreado de cenefas alusivas ao tema para adornar o Centro.
- Diferentes traballos plásticos sobre os valores da paz, a orixe da festividade, a relación do Camiño de Santiago con este día, etc.
- Compromiso persoal pola paz: os alumnos de 2º e 3º ciclo de Primaria tentarán levalo adiante durante todo o curso.
- Audición diaria da canción "¿Por qué no ser amigos?".


Para rematar esta conmemoración no día anteriormente indicado, celebráronse no patio do colexio os seguintes actos:
- Xogos cooperativos por cursos e por ciclos.
- Cantamos todos xuntos a canción elixida.