miércoles, 29 de febrero de 2012

POLO CORREO DO VENTO

O pasado día 15 de febreiro desenvolveuse na Biblioteca do Centro a actividade "POLO CORREO DO VENTO". Viñeron ao colexio o escritor "Mau" e o ilustrador "Pin" para presentarnos un dos seus contos e aos seus protagonistas: o galo "Manolo", a pita "Agapita", a carteira "Andoriña"...
Mentres Man nos contaba a historia deles, Pin debuxábanos nun mural as esceas clave da narración.
Posteriormente, todos participamos na nosa primeira "roda de prensa" e a continuación, nun obradoiro, debuxamos paso a paso ao protagonista do conto. Por último, fixemos a exposición.
Pasámolo xenial e aprendemos moito!

miércoles, 22 de febrero de 2012

DEREITOS DA INFANCIA: "Cada mes un dereito"

                                                 

Dentro da exposición sobre os DEREITOS DA INFANCIA que estamos facendo neste curso 2011-12 o mes de FEBREIRO os nenos de 1º de Primaria fixeron un cartel sobre o DEREITO Á SAÚDE.

Este é o dos nenos e nenas de Educación Infantil para este mes de marzo:

O cartel de 3º de primaria:



Este foi o cartel de 5º de primaria no mes de DECEMBRO:


 E este é o cartel de 6º de primaria no mes de novembro: 

miércoles, 15 de febrero de 2012

CONCURSO ESCOLAR ONCE

Os nenos de 5º e 6º seguimos a traballar no Concurso Escolar ONCE.
Hoxe acercámonos ao alfabeto dactilolóxico e aprendemos a deletrear os nosos nomes:
           
Despois intentamos modelar con plastilina algún obxecto sin velo previamente e aquí tedes unha mostra dos resultados. Realmente difícil!!


A continuación descubrimos que ter unha discapacidad non é sinónimo de non ter éxito. Aquí vos deixamos algúns exemplos:
Francisco de Goya
Andrea Bocelli
Helen Keller
John Forbes Nash
Van Gogh
Stephen Hawking
Ludwig van Beethoven
Ray Charles

Con todos os datos recopilados elaboramos un mural:    

martes, 14 de febrero de 2012

MALETAS VIAXEIRAS DE POESÍA

Estos días estamos a disfrutar no Cole da maleta viaxeira de poesía que nos prestou o CEFORE de Vigo.

sábado, 11 de febrero de 2012

CONCURSO ESCOLAR ONCE

Hoxe comezamos a traballar no Concurso Escolar da Once "Fai o teu barrio accesible".
Para acercarnos aos distintos tipos de discapacidades, vimos varios vídeos dos que vos deixamos aquí os enlaces e que agardamos que vos chegaran e fagan reflexionar da mesma maneira que a nós:


Discapacidade visual         Discapacidade motriz        

Cidades discapacitadas          Integración

 

martes, 7 de febrero de 2012

NOVIDADES

Sabino foi de compras e trouxo un montón de novas lecturas para a Biblio. Achégate ao espazo de novidades e compróbao ti mesmo! Seguro que che gustan!