miércoles, 20 de junio de 2012

REVISTA "ENREDOS"

Xa podedes disfrutar da revista do Cole: a edición número 12 de "ENREDOS" xa está dispoñible para todos e todas. Nela atoparedes unha pequena mostra das actividades, traballos, conmemoracións... deste curso escolar. Que pasedes un bo ratiño!

lunes, 18 de junio de 2012

As mochilas viaxeiras xa están de volta na Biblioteca tras unha longa viaxe que comezou hai moitos meses. Chegan cheas de estupendos comentarios e valoracións. Agora tócalles descansar e repoñerse para volver as casas de todos os nenos e nenas no mes de outubro.

domingo, 17 de junio de 2012

SESIÓN DE CONTACONTOS POLOS NENOS DE 1º

Hoxe houbo unha sesión especial de contacontos na nosa biblio: "Os porquiños e o lobo".


Comeza a función

A primeira parte do conto vímola proxectada na pantalla e tratábase de imaxes coloreadas polo nenos e nenas de 1º de primaria coa narración da historia previamente gravada tamén por eles.


Todos moi atentos 

 A segunda parte do conto escenificouse acompañada dunha canción.




Para finalizar fixemos unfa foto para inmortalizar o momento. Que ben o pasamos!



lunes, 4 de junio de 2012

Contacontos "El Patito Feo"







Hoxe houbo unha nova sesión de contacontos para os nenos e nenas de Educación Infantil. Alba Brea (alumna de 6º Ed. Primaria) preparou o conto "El Patito Feo" para os máis pequenos que estiveron moi atentos e o pasaron moi ben:


Colorearon o protagonista do conto:



E aquí vos deixamos unha foto dos seus debuxos: