martes, 23 de abril de 2013

23-A: DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día do Libro: cada un escolleu un conto da biblio do Cole e o preparou para despois contarllo a un compañeiro. Ao rematar fixemos un debuxo sobre el e con todos un gran mural. Aquí vos deixamos unha mostra: DÍA DO LIBRO III on PhotoPeach E fixemos os debuxos: DÍA DO LIBRO IV on PhotoPeach Os rapaces/as de Infantil nos deixan uns debuxos dos contos que escolleron para o Día do Libro: DÍA DO LIBRO I on PhotoPeach Algúns nenos/as viñeron vestidos como o seu personaxe de conto preferido. Recibiron un pequeno agasallo e un diploma pola súa participación: DÍA DO LIBRO II on PhotoPeach

lunes, 22 de abril de 2013

Día do libro

Co galo do día do libro a Concellería de Igualdade convidounos a facer unha reflexión sobre o papel da muller en diferentes conmemoracións, sendo esta data unha delas. Deixámosvos o enlace para que investiguedes un pouco.

 http://www.igualdadevigo.org/datasedatos/

viernes, 19 de abril de 2013

ONCE

  O xoves 18 segundo e terceiro ciclo de primaria contaron a evolución da organización da ONCE .
Ademáis de estudiar a súa historia tamén trataron de vivir a experiencia de cómo é a vida dunha persoa invidente facendo tarefas cos ollos tapados, contándolle a súa vivencia aos compañeiros.


lunes, 8 de abril de 2013

A Reconquista de Vigo

O venres cinco de abril celebraron os nenos e nenas de primeiro ciclo de primaria o día da Reconquista falándolle dos feitos acontecidos aos compañeiros de infantil.
Mirade que ben o fixeron! A Reconquista de Vigo on PhotoPeach

Rosalía: unha meniña

O día 4 de abril celebramos no colexio o día de Rosalía cunha sesión na biblioteca na que coñecimos mellora a figura de Rosalía.
Esperemos que vos gusten as fotos Rosalía: unha meniña on PhotoPeach

jueves, 4 de abril de 2013

RECONQUISTA

O 28 de marzo celebramos a Reconquista:

6 e 7 de abril de 2013

miércoles, 3 de abril de 2013

Consumopolis

Este curso os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria participamos no Concurso "Consumópolis" que ten como finalidade a formación de consumidores responsables. Poderedes disfrutar en breve dos nosos traballos finais: un calendario que trate o tema "Consumo responsable de alimentos y el deporte: la dieta saludable".

lunes, 1 de abril de 2013

Concurso Escolar Once


Este segundo trimestre os nenos e nenas do 3º ciclo estiveron a traballar nos vídeos que o Concurso Escolar Once lles pedía que fixeran. Como vimos facendo desde hai varios cursos, primeiro temos que informarnos sobre o tema, que este ano se leva por título "La Cápsula del tiempo" e realizar varias actividades previas. Aquí tedes unha mostra delas:

Nun mural fixemos unha recopilación dos principais avances que facilitaron a integración e en xeral, a vida das persoas discapacitadas.


Concurso Escolar Once on PhotoPeach

Cada un expresou os seus sentimentos despois de ver varios vídeos e de levar a cabo varias actividades:


Os seus corazóns tamén latexan on PhotoPeach

Proximamente colgaremos os vídeos que presentamos ao concurso