miércoles, 15 de mayo de 2013

Poema de Roberto Vidal Bolaño

A clase de segundo e primeiro curso de primaria traballaron un poema de Roberto Vidal Bolaño. Convidaron aos seus amigos de infantil a escoitalos e mesmo a participares nel.
Velaí unhas fotiños para que disfrutedes!

martes, 14 de mayo de 2013

Contacontos e taller de cómic no Corte Inglés

Co galo das Letras Galegas vánse celebrar no Corte Inglés dous obradoiros :
- Contacontos "Linda á espreita"


O martes 14 de maio ás 18:30 na Librería -Planta baixa.
Linda é unha vaca diferente ás demáis. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao esterior da granxa. O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo da granxa.









  -Taller de cómic " A debuxar con Marcopola".

 Mércores 15 de maio ás 18:30 na librería- Planta baixa.
 É un obradoiro de cómic dirixido a nenos e nenas de 6 a 11 anos.
 Nesta actividade o escritor e ilustrador Jacobo Fernández, apoiándose na        personaxe de Marcopola. A illa remeira, ensínalle a debuxar os personaxes do cómic.





Se queres participar nestas acitvidades INSCRIBETE no teléfono   986 416 400

viernes, 3 de mayo de 2013

A lenda de Saint Jordi

Os alumnos de cuarto fixeron unha sesión de contacontos aos nenos de infantil. Tratábase da lenda de Saint Jordi que traballaron na clase de língua galega.