martes, 17 de diciembre de 2013

Taller de igualdade

Onte tivemos un taller sobre a igualdade no colexio a cargo do Concello. Participamos todo o colexio.

Taller da igualdade on PhotoPeach

Contacontos de Migallas

O día 5 de decembro tivemos en infantil unha sesión de contacontos na biblioteca a cargo de Migallas.
Mirade as fotos!

Contacontos de Migallas on PhotoPeach

Bailamos?

As veces non todo se trata de estudar e facer cousas para o noso futuro, as veces trátase de desfrutar como esta nena bailando....quen sabe?



¿Bailamos? por dm_523e02e4c6a97

viernes, 13 de diciembre de 2013

Novidades

Boas a todos! Volvemos a presentarvos as novidades de libros e esperamos acertar.
Se vos gusta algún xa sabedes qué facer: ir polo rincón de novidades e coller o libro en empréstitos.
A disfrutar deles!

 Para aqueles a quen vos guste o fútbol tedes unha historia na que vos quedaredes enganchados.
 Torcuato ten serías dúbidas de que seu irmán xemelgo é en realidade o seu ánxel da garda. Se queredes saber máis teredes que ir as súas páxinas e descubrir qué pasa.
 Que dicirvos de Greg que non saibades? Unha nova historia da súa vida que vos gustará tanto coma as anteriores.
 Esta historia da hormiga María gustaravos moito.


A historia de O.T.R.O.S. tamén vos gustará. Tratase dunha sociedade secreta un tanto diferente e con historias divertidas.
 

martes, 3 de diciembre de 2013

Marcapáxinas

Os alumnos de primeiro ciclo de primaria fixeron uns marcapáxinas na biblioteca como actividade de animación a lectura.