miércoles, 25 de junio de 2014

Despedimos o curso!!!!

Os nosos voluntarios de Biblioteca despediron o curso cunha merendola. Aquí tedes unhas fotos:


sábado, 14 de junio de 2014

Voluntariado de lectura

Esta semana recibimos unhas camisetas como agasallo polo traballo que realizan os voluntarios de Biblioteca: os nenos e nenas do 3º Ciclo de Educación Primaria colaboran no préstamo e colocación de libros, recomendación dos mesmos, en exposicións sobre as diferentes conmemoracións, como contacontos... e por eso, aínda que non fomos seleccionados para participar no programa "Plan de Voluntariado de Lectura" recibimos unha pequena compensación
NORABOA POLO VOSO TRABALLO RAPACES!!!!

viernes, 13 de junio de 2014

Rematan as sesións de contacontos

Co fin de curso tamén rematan as sesións de contacontos que se viñan facendo na Biblio os venres durante o recreo por parte dos voluntarios. Dados os bos resultados desta experiencia agardamos que poida continuar no vindeiro curso:

 

jueves, 5 de junio de 2014

Enquisa sobre hábitos lectores

Desde a clase de 6º Ed. Primaria, estamos a levar a cabo unha enquisa entre os nosos compañeiros/as para saber algo máis sobre as súas preferencias e hábitos lectores.