Obradoiros e saídas

Hoxe 19 de novembro tivemos un obradoiro de Ciencias do Mar.

Para comezar, os monitores realizaron un experimento para comprobar a diferencia de peso entre a auga salgada e a auga doce. Puidemos comprobar de xeito visual o que ocorría unha vez que as mesturabamos posto que unha delas era doutra cor.

Na segunda parte insistiron sobre a forma axeitada de pescar, tendo en conta o tamaño dos peixes. Participaron varios nenos e nenas e resultou moi entretido.






Despois das ciencias e para recuperar forzas tivemos un obradoiro de froitas en inglés, estaban boísimas!









Hoxe 4 de novembro tivemos un divertido obradoiro de ciencia no que contamos co famoso doutor Locovitz e a famosa doutora Ana Coletas.
Comezamos cun experimento no que a doutora quíxonos demostrar que o alento do doutor Locovitz cheiraba moito.
Mezclamos nun vaso caldo de lombarda con amoníaco e despois sopramos por unha palliña e....volveuse verde! Este mesmo experimento repetírono con Raúl Cameselle e a profesora María José, e tamén puxeron verde o líquido!! Máis tarde explicáronnos que isto era froito dunha reacción química e non de que non lavasen os dentes.
Despois probamos a mezclar outros líquidos co caldo de lombarda como foron o zume de limón e bicarbonato mezclado con auga. Na primeira mezcla (caldo+ limón) deunos un líquido de cor vermella e na segunda mezcla (caldo+ bicarbonato con auga) deunos un líquido de cor verde. Despois probamos a mezclar o resultado das dúas mezclas e deunos un líquido de cor....violeta!!!Pero isto non é resultado de maxia senon do PH, segundo nos explicaron os doutores.
O PH pode ser básico ou ácedo. Nas sustancias básicas o indicador é de cor verde e nas sustancias ácedas de cor vermella.
Logo fixemos outro experimento no que mezclamos bicarbonato con vinagre nunha botella pechada pero cunha palliña no seu tapón. O líquido comezou a saír como un chafarís, foi xenial!
Por último experimentamos un pouco cunha bola con electricidade e que no seu interior ten un gas que ioniza para conducir a electricidade. Vimos que se acercabamos a bola a unha bombilla esta acendíase.
Como nos dixeron que era unha bola dos desexos Roi, Paula, Manuel e Adrián pediron un, esperamos que se cumplan todos!
E máis nada, vimos que a ciencia pode ser moi divertida e estamos desexando ter outro día cheo de novas experiencias.











Este ano comezamos as saídas escolares moi cediño. O día 5 de outubro os nenos e nenas de Infantil e primeiro ciclo de Primaria fumos ao zoo. Moitos de nos xa estiveramos alí máis veces pero encantounos repetir.
Unha rapaza do concello acompañounos e falounos dos diferentes animais. Primeiro paramos xunto as tartarugas e mailas aves. Hai unha chea delas: cisnes, águias, curuxas, patos, ocas,etc. Chamounos a atención unha oca a que lle faltaba unha á por culpa de alguén que a maltratara. Dende aquela, a oca, ataca aos humáns.
Despois paramos xunto ao lince, que é un felino en perigo de extinción, e máis tarde vimos os osos, os leóns e os tigres.
O único malo da visita foi que se nos fixo moi curtiña e que facía un pouco de frío pero polo resto estamos desexando voltar!